domingo, 7 de marzo de 2010

Andy Warhol

Se queres pintar ao estilo de Andy Warhol preme a imaxe e poderalo facer.
Neste enlace, tes que ir pinchando sobre o pelo, os ollos,...e verás como cambia de cor.

sábado, 27 de febrero de 2010

Imaxes en movemento

Deixovos uns vídeos feitos polos nenos e as nenas de cinco anos, eles sacaron fotos e fixeron os debuxos. Unha vez feitas as fotos convertinas en vídeo usando o "Windows Movie Maker".
De aquí a grande pantalla!! Ollade!




martes, 2 de febrero de 2010

Pintamos como Picasso


Inspirados polas obras de Pablo Ruiz Picasso, estivemos xogando a ser pintores e pintoras, mirade que retratos tan feitiños nos quedaron.


Se vos tamén queredes pintar como Picasso premede aquí ou na imaxe:

jueves, 28 de enero de 2010

Xogo letras

Pinchando na imaxe ou aquí podedes xogar e aprender cas letras. Agardo que vos guste!

lunes, 25 de enero de 2010

Os nosos nomes

Despois de ter feita unha práctica libre co WORD, os nenos e as nenas de 5 anos decidimos escribir todos os nosos nomes xuntos, e incluso, atrevemonos a escribilos no noso blog.
Mirade que artísticos nos quedaron:
HUGO HELENA MARTINA MAR DANIEL RUTH ALBA PAULA MARCOS LUIS ADRIAN
PAULA SARA MARIA ALBA NICOLAS ANTIA V. BIEITO LUIS ANTIA S. GUILLE RUBEN

domingo, 13 de diciembre de 2009

O desexo de nadal

Deixovos un fragmento da película que imos ver estes días, os Little Einteins sorpréndennos nunha das súas aventuras.

Unha noite estrelada de Vincent Van Gogh para completar a maxia do Nadal...

martes, 1 de diciembre de 2009

Chega o nadal

Os nenos e as nenas de 3 anos atopámonos na aula de informática unha caixa chea de adornos para o nadal. Gustáronnos tanto que cada un elexiu o que máis lle gustou e sacoulle unha foto. Agora imos imprimilas para decorar o corredor do cole, pouquiño nos falta para ser fotógrafos profesionais!!