sábado, 31 de octubre de 2009

Movemento do rato

Os nenos e as nenas de 3 e 4 anos están a comezar o movemento do rato. Para que poidades seguir practicando na casa deixovos estes enlaces...pasádeo ben!!!
Pinchade enriba das imaxes para ir aos xogos

Debuxo libre co paint

As nenas e os nenos de 5 anos xa se están convertindo nuns especialistas do paint.
Algunha nena ata se animou a facer os poderes máxicos de "campanilla"...increíble!!

Samaín

martes, 6 de octubre de 2009

Clic, clic

Os máis pequerrechos tamén nos animamos con esto do ordenador, estivemos practicando co dedo de facer "clic". Esta vez fixémolo con pintura de dedos sobre papel...xa estamos preparados e preparadas para usalo rato.

Os tres porquiños

Na aula de 4 anos encántanos o conto dos tres porquiños. Aquí o deixamos para que o desfrutedes tanto coma nós!!!

Disfrazamos elefantes co paint

As nenas e os nenos de 5 anos estivemos disfrazando aos amigos do elefante Elmer co paint
Ollade que bonitiños nos quedaron.

sábado, 3 de octubre de 2009

Benvida!


Dende o CEIP de Arzúa, as nenas e os nenos de educación infantil queremos darvos a benvida a este novo espazo, que a partir de hoxe poñemos en marcha.

Aquí, compartiremos con vós todos os traballos que imos facer e que teñen que ver cas TIC. Intentaremos vencellalas ca arte, pois é o eixo central e común que, durante este curso, nos une a todo o cole.

Graciñas a todas aquelas persoas que sentistes curiosidade e nos estades a visitar!!