O luns pasado estivemos pintando no ordenador, e incluso poidemos ver o nosos cadros nunha galería. Aquí tedes o enlace á web que usamos para que sigades practicando e creando arte, pincha na imaxe!
Mirade o vídeo e descubriredes un fermoso cadro de Van Gogh feito nesta web,...
Aquí tedes unha actividade para xogar e aprender un pouco máis sobre Vicent Van Gogh. Pincha no debuxo cadrado para ver a actividade en pantalla completa:
Esta semana atopamos na aula de informática un rato!!! Entre todos decidimos chamarlle Félix. Veu parar aquí porque dixo que así podía xogar cos nenos, cas nenas e cos outros ratos...nos nosos ordenadores tamén temos ratos, aínda que sen bigotes! Seica tamén estivo polo comedor, mirade o video para ver o lambón que saiu este ratiño...en fin, de todos é coñecido o bo que está o queixo de Arzúa!
Neste blog as nenas e os nenos de educación infantil do colexio de Arzúa contarémosvos as nosas experencias ca arte modernista..., vista a través das TIC. Podes contactar con nós a través da dirección: faiclicnaarte@gmail.com
A web do cole
Pincha na imaxe para descubrir a arte que temos no CEIP de Arzúa!