Hoxe, atopamos algunhas personaxes de contos na aula de audiovisuais. Pero non vos preocupedes que os nenos e as nenas de cinco anos convencéronnos para que regresaran. Eles fixeron unhas fotografías do momento para despois convertilo en vídeo. Mirade!!
Con motivo do Día do Libro, dende o equipo da biblioteca do cole, organizamos un xogo de investigación para os nenos e as nenas. O traballo dos máis pequenos foi atopar libros determinados a partir de imaxes das súas personaxes. Para que se familiarizasen cas ilustracións (que forman boa parte do mundo da arte que estamos a traballar no cole) fixen un libro LIM cas personaxes dos contos que tiveron que buscar. Agardo que vos guste! Premede no cadrado da parte superior dereita da imaxe para poder velo a pantalla completa.
Esta vez foron os nenos e as nenas de 4 anos os que se convertiron en fotógrafos...do máis artístico. Se tamén queredes darlle un toque modernista as vosas imaxes ide a este enlace premendo aquí: http://bighugelabs.com/popart.php
Se queres pintar ao estilo de Andy Warhol preme a imaxe e poderalo facer. Neste enlace, tes que ir pinchando sobre o pelo, os ollos,...e verás como cambia de cor.
Deixovos uns vídeos feitos polos nenos e as nenas de cinco anos, eles sacaron fotos e fixeron os debuxos. Unha vez feitas as fotos convertinas en vídeo usando o "Windows Movie Maker". De aquí a grande pantalla!! Ollade!
Despois de ter feita unha práctica libre co WORD, os nenos e as nenas de 5 anos decidimos escribir todos os nosos nomes xuntos, e incluso, atrevemonos a escribilos no noso blog. Mirade que artísticos nos quedaron: HUGO HELENA MARTINA MAR DANIEL RUTH ALBA PAULA MARCOS LUIS ADRIAN PAULA SARA MARIA ALBA NICOLAS ANTIA V. BIEITO LUIS ANTIA S. GUILLE RUBEN
Neste blog as nenas e os nenos de educación infantil do colexio de Arzúa contarémosvos as nosas experencias ca arte modernista..., vista a través das TIC. Podes contactar con nós a través da dirección: faiclicnaarte@gmail.com
A web do cole
Pincha na imaxe para descubrir a arte que temos no CEIP de Arzúa!