lunes, 26 de abril de 2010

O regreso ao mundo dos contos

Hoxe, atopamos algunhas personaxes de contos na aula de audiovisuais. Pero non vos preocupedes que os nenos e as nenas de cinco anos convencéronnos para que regresaran. Eles fixeron unhas fotografías do momento para despois convertilo en vídeo. Mirade!!

sábado, 24 de abril de 2010

LIM: Personaxes dos contos

Con motivo do Día do Libro, dende o equipo da biblioteca do cole, organizamos un xogo de investigación para os nenos e as nenas.
O traballo dos máis pequenos foi atopar libros determinados a partir de imaxes das súas personaxes. Para que se familiarizasen cas ilustracións (que forman boa parte do mundo da arte que estamos a traballar no cole) fixen un libro LIM cas personaxes dos contos que tiveron que buscar. Agardo que vos guste!
Premede no cadrado da parte superior dereita da imaxe para poder velo a pantalla completa.